publicidade hoxe

O alcalde de Rairiz de Veiga di sentirse aliviado e agradece o apoio veciñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRairiz de Veiga
A-
A+
Europa Press

O alcalde do municipio de Rairiz de Veiga (Ourense), Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio, afirmou que se sente “aliviado” ao ter que abandonar a política tras ratificar a Audiencia Provincial ourensá a condena de oito anos de inhabilitación imposta polo Xulgado do Penal Número 2 de Ourense por un delito de prevaricación respecto da súa etapa na que gobernou baixo as siglas do BNG.

En declaracións, Rodríguez Ambrosio, que asegurou decatarse do fallo xudicial a través de ‘Twitter’, asegurou que “acata o que resolva a sentenza”. Solicitara a baixa temporal das filas do Partido Popular tras coñecer a sentenza do xulgado do Penal.

Neste sentido, indicou que presentará a dimisión cando sexa notificado do fallo e, como teñen maioría no municipio, “correrá a lista e o seguinte tomará posesión”. “Total normalidade”, sostivo para sentenciar que “a vida segue”.

Ademais, manifestou que hai que ver isto “en positivo” e continuará coa súa profesión tras 16 anos en política. “séntese un aliviado”, asegurou tras ser preguntado se lamenta deixar a política.

“Hai vida máis aló da política”, destacou, para agradecer o “apoio” dos veciños durante os seus anos no Concello de Rairiz de Veiga.

XUÍZO

O alcalde acabou no banco por un proceso no que exerceu como acusación o edil do PSOE Eulogio Fernández Fernández, quen denunciou que desde o ano 2007 ditou resolucións de Alcaldía “con coñecemento da súa ilegalidade e a propósito, en diversas materias da súa competencia”, como contratos de obra, xestión de servizos públicos e de subministracións, “a pesar de coñecer os informes de reparo e as advertencias de ilegalidade que lle facía a secretaria-interventora”.

Os primeiros decretos son de outubro e decembro de 2007, e un total de 32 decretos -só dese mesmo ano- se refiren a subvencións e contratacións de persoal. Ademais, os feitos polos que foi condenado tamén afectan a 2008 e 2009 por contratacións que tiña obxeccións da secretaria-interventora.

A causa chegou a ser arquivada en dúas ocasións no Xulgado de Xinzo de Limia, a petición do fiscal, e reaberta pola Audiencia Provincial de Ourense tras resolver outros tantos recursos da acusación particular.

20 de novembro de 2015 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.