publicidade hoxe

O alcalde de Cervantes afirma que Manuel Martínez non merece a expulsión do PSOE

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesLocal PortadaLugo
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Cervantes (Lugo), Benigno Gómez, trasladou este xoves ao rexedor de Becerreá, Manuel Martínez, o seu apoio ao asegurar que este “non merece” ser expulsado do PSOE tras apoiar iniciativas do PP na Deputación provincial.

Así, este é o cuarto alcalde que expresa o seu respaldo ao alcalde de Becerreá tras ser expulsado temporalmente do PSOE e suspendido tamén no Grupo Provincial Socialista por votar co PP iniciativas contra o BNG, o seu socio de goberno na institución provincial.

Martínez está á espera de que resolvan ambos os dous expedientes de expulsión, que asegurou que vai recorrer pero unha vez que se esgoten os prazos establecido para iso.

Benigno Gómez manifestou que o sucedido “resulta moi desagradable”. “É moi desagradable”, abundou. Ao igual que xa se manifestaron os rexedores de Castroverde, Navia e Burela, cre que Manuel Martínez “non merece” ser expulsado do partido. “Creo que non”, engade.

Nesta liña, Gómez apela a unha reunión o pasado 21 en Nadela, de alcaldes e deputados provinciais, onde acordaron non ceder a máis esixencias do BNG tras o seu veto á entrada no goberno provincial do alcalde de Becerreá e despois de persuadir a este para que renunciase ás súas aspiracións de ser presidente ou vicepresidente.

“Nesa reunión falouse de todo. Quedou en algo que ao final non se cumpriu”, subliñou o alcalde de Cervantes, para engadir que “non se comprende” acceder de novo ás pretensións do BNG que volveron vetar a entrada de Martínez na Xunta de Goberno da Deputación de Lugo.

19 de novembro de 2015 | 12:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.