O 15º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos premiará os traballos que vinculen a tecnoloxía e a innovación coa actividade empresarial

Presentación do concurso
Vencellar a investigación realizada na Universidade no eido da informática e as telecomunicacións ás necesidades e demandas reais do mundo empresarial. Este é o obxectivo principal do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos que chega xa a súa décimo quintaedición consolidado como unha gran oportunidade para os estudantes do sector de Galicia e de Portugal para dar a coñecer os seus proxectos de Fin de Carreira. Esta iniciativa, xa consolidada no calendario universitario das titulacións de Informática e das Telecomunicacións, constitúen unha oportunidade para poñer en valor o talento dos estudantes galegos, impulsando o emprendemento e a competitividade co obxectivo de xerar novas oportunidades de emprego.
Este Concurso foi presentado esta mañá na Deputación de Ourense nun acto no que participaron o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez, a directora da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense, Ana Garriga, e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín. Todos eles destacaron o feito de que este concurso contrubúe a interrelacionar a Universidade coas empresas e coa sociedade en xeral.
Organizado entre Expourense e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do canpus de Ourense (Universidade de Vigo), este concurso conta un ano máis co patrocinio da Deputación de Ourense. A finalidade deste concurso é sensibilizar ás empresas dos beneficios que lles pode achegar a aplicación da investigación tecnolóxica ó seu proceso de produción axudando a facela máis competitiva. Polo tanto, teñen cabida todos aqueles traballos onde prime unha clara aplicación das súas ideas ó mundo empresarial e que estean vencelladas coa realidade e necesidades cotiás. A principal novidade desta edición é a creación dunha categoría especial enmarcada no Plan Estratéxico 15-19 da Deputación de Ourense “Provincia Intelixente” que está orientado a dar servizos ós cidadáns e ás Administracións Locais e no que as tecnoloxías da información terán unha especial incidencia no seu desenvolvemento. Daráselle especial relevancia a aqueles traballos presentados que poidan ser encamiñados a dar solucións englobadas neste proxecto.
O acto de entrega dos premios terá lugarna Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo-Campus de Ourense, coooganizadora do concurso xunto a Expourense, e será o xoves 10de decembro. As bases da convocatoria para presentar os traballos poden consultarse na páxina web www.expourense.org. En total repartiranse 1.400 euros en premios.
O prazo para a recepción dos traballos remata o 26 de novembro. Pódense presentar os estudantes dos Títulos de Enxeñaría en Informática, Enxeñaría de Telecomunicación e Traballos de Fin de Máster de másteres oficiais relacionados co eido das tecnoloxías da información e as comunicacións das tres universidades galegas e tamén do Norte de Portugal.
Aínda que cada vez son máis as empresas que contan cun departamento de I+D+i, non podemos esquecer que unha boa parte das investigacións realizadas en Galicia xorden na Universidade. A investigación, o desenvolvemento e a innovación convertéronse hoxe en día na mellor ferramenta para que unha empresa sexa competitiva a nivel internacional.
Dende a Escola Superior de Enxeñaría Informática indican que “nestes anos houbo casos de proxectos premiados que atoparon traballos nas empresas para as que foi concibido o proxecto. Para os alumnos e alumnas este concurso é un recoñecemento público ao seu traballo, serve para completar o seu curriculumvitae e pode abrirlles as portas a novas oportunidades laborais”.
Co obxectivo de facilitarlle a participación neste concurso aos alumnos e alumnas das Universidades da Coruña e Santiago de Compostela, a organización puxo a súa disposición un Bono desconto do 35% en RENFE (inclúe AVANT) que pódese descargar en www.expourense.org.











