Novos Amigos da Fundación Heracles

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Fundación Heracles e o Rio Natura Monbus Obradoiro reinventan o convenio que os une mediante a figura de Amigo da Fundación Heracles, pola que unha doazón á organización para fomentar a práctica deportiva entre nenos e mozos converterase en diferentes vantaxes relativas ao club.

A Fundación, creada para a promoción do deporte de base, permite aos donadores de máis de 130 euros acceder a diferentes vantaxes no Rio Natura Monbus Obradoiro. Aínda que até agora o desconto constaba de 50 euros no abono durante tres anos, a partir de agora o desconto será no abono durante as dúas seguintes tempadas (16/17 e 17/18), mentres nesta tempada disporía de 50 euros de desconto en entradas para partidos sobre o prezo xeral das mesmas.

Deste xeito, o desconto total seguirá sendo de 150 euros, retribución maior á propia doazón.  Este é ademais, acumulable a calquera outro ao que teña dereito o abonado e vai ligado á non subida do prezo do abono da que durante os próximos dous anos gozará este colectivo de Amigos da Fundación Heracles”.

Outro dos puntos crave desta doazón segue sendo a dedución no IRPF do 27.5% do doado no caso da persoa físicas, e do 35% no Imposto de Sociedades en caso das empresas. Esta dedución aparecerá directamente no borrador da renda grazas ao Certificado de Doazón que emite a Fundación e fai que o aforro real sexa aínda maior.

Tamén se inclúen outra serie de vantaxes, como a situación de preferencia á hora de adquirir abonos da Copa do Rei 2016 da Coruña (dentro dos reservados para o club que este obterá) ou o transporte gratuíto á mesma desde Santiago de Compostela.

O trámite pódese realizar tanto nas oficinas do club ou na propia web da Fundación:  www.fundacionheracles.org.  En ambos os sitios pódese atopar tamén máis información detallada, como a relativa á posibilidade de financiamento da doazón.

9 de novembro de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.