Nova sesión de “Conversas coa Xuventude” na Casa dos Alonsos da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Este venres, día 13 de novembro, a Concellería de Xuventude do Concello da Guarda, organiza unha nova sesión de “Conversas coa Xuventude”. Esta actividade nace co obxectivo de crear un espazo de encontro entra a administración local e a mocidade do municipio.

Nesta ocasión, a cita será as 20,30 horas na Casa dos Alonsos, e o tema protagonista da xuntanza será o deporte. Para falar desta disciplina están convidados o atleta guardés, Sergio Rodríguez e a xogadora de balonmán, Estela Doiro. Ambos deportistas falarán aos presentes da súa experiencia profesional para, despois, dar paso a unha conversa e reflexión sobre o deporte, as necesidades, as expectativas ou as dificultades que existen no mundo deportivo e na práctica dos diferentes deportes. 

O Concello convida a participar en “Conversas coa Xuventude” a todos os membros dos diferentes clubes deportivos guardeses pero tamén a todos os mozos e mozas que practican ou lles gusta o deporte. 

Esta é a segunda xornada desta iniciativa que, comezou, coa presenza do actual alcalde Antonio Lomba, e o anterior rexedor da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas. O obxectivo final destas sesións é tecer redes de colaboración para conseguir melloras para toda a poboación da vila, especialmente para a máis nova. 

Nestes encontros se facilitarán ferramentas de participación directa á mocidade para que teñan a oportunidade de expor e facer chegar as súas propostas, necesidades e demandas ó Concello.

10 de novembro de 2015 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.