Noriega aclara que Compostela Aberta non explicitou se achegaría nomes a En Marea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Santiago e covoceiro de Anova, Martiño Noriega, aclarou este venres que Compostela Aberta non explicitar se achegaría nomes á candidatura ‘En Marea -impulsada por Podemos, Esquerda Unida e Anova-. Con todo, Noriega non descartou a posible presenza de persoas de Compostela Aberta nas listas de ‘En Marea: “Eu non descarto que haxa xente de Compostela Aberta nas listas, pero non foi un acordo tan pormenorizado como foi o de Marea Atlántica”, explicou en rolda de prensa a preguntas dos xornalistas tras a Xunta de Goberno local.

Neste sentido, fixo fincapé en que, en Compostela Aberta, “non se entrou a debater a cuestión de nomes” para as listas. De tódolos xeitos, manifestou que, en caso de “existir eses nomes”, non cre que fosen ir en “postos de saída”.

Nesta mesma liña, indicou que Compostela Aberta está “mandatada” a “apoiar” o proceso publicamente: “A que mesmo na propia candidatura e na propia imaxe figure o apoio explícito de Compostela Aberta”, subliñou.

A este respecto, recordou que Compostela Aberta fixo “o mesmo” posicionamento que Marea Atlántica de “apoio” á candidatura impulsada por Podemos, Esquerda Unida e Anova.

No seu caso, Marea Atlántica asegurou que apoiará a candidatura ‘En Marea, aínda que descartou esta semana a posibilidade de propoñer nomes para integrarse nas listas desta candidatura na circunscrición de A Coruña.

PRIMARIAS ESTA FIN DE SEMANA

Concretamente, o espazo creado para a configuración da candidatura ‘En Marea celebrará esta fin de semana unhas primarias para validar as listas que, como moi tarde, teñen que inscribirse o luns, día 16.

Os asinantes da coalición, ‘en Marea, rexistrada o pasado venres ante a Xunta Electoral Central, teñen acordado que o posto número un de A Coruña sexa para Podemos e o dous para Esquerda Unida. Pola súa banda, o cartel de Pontevedra correspóndelle a Anova e, o número dous, a Podemos.

Non obstante, a idea é que se alcance un consenso de todo o espazo de confluencia, no que, ademais das formacións políticas, están as mareas que gobernan nas cidades e Encontro Cidadá por unha Marea Galega. Con todo, a coruñesa acordou que non achegará nomes ás listas, aínda que si dá o seu apoio ao proceso.

13 de novembro de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.