publicidade hoxe

Mos solicita alternativas que garantan unha representación axeitada na Lei da Área Metropolitana de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMos
A-
A+
José Alberto Pazos co alcalde en funcións de Mos

José Alberto Pazos co alcalde en funcións de Mos

O director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, reuniuse hoxe co alcalde en funcións de Mos, Alberto Méndez nunha nova reunión sobre a Área Metropolitana de Vigo, na que tamén participaron o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e os voceiros do PSOE, BNG e Gañemos.

Como nas oito anteriores ocasións, houbo un acordo unánime sobre a necesidade dun criterio proporcional no financiamento do ente e todos os presentes coincidiron na pertinencia dunha achega fixa por habitante, en consonancia coa proposta da Xunta de Galicia.

En canto á Gobernanza, todos os presentes na reunión coincidiron na necesidade dun equilibrio entre a Asemblea e a Xunta de Goberno, evitando a existencia do voto ponderado, que prexudicaría aos concellos máis pequenos da Área. O director xeral manifestou o rexeitamento xeral dos concellos cos que mantivo xuntanzas neste ámbito, e todos coinciden na importancia de acadar o máximo consenso para desbloquear a actual situación e beneficiar así a todos os cidadáns da Área Metropolitana.

Así mesmo, destacou tamén a cordialidade do encontro entre o Goberno galego e o municipal e o debate en profundidade xurdido, xa que ese é o obxectivo destas reunións: coñecer persoalmente as propostas dos representantes municipais, intentar acadar o máximo consenso posible e que a AMV bote a andar o antes posible.

4 de novembro de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.