publicidade hoxe

Mos difunde nunha charla informativa o programa de Garantía Xuvenil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

As concellerías de Promoción Económica e Emprego e de Educación e Participación Cidadá que dirixen os edís mosenses Óscar Soto e Kely Monzón, respectivamente, organizan conxuntamente unha charla informativa sobre o programa de Garantía Xuvenil.

A Xunta de Galicia, a través da consellería de Economía, Emprego e Industria está a implementar o programa de Garantía Xuvenil. Trátase dun sistema dirixido a mozos e mozas entre 16 e 29 anos que contempla actuacións para mellorar a súa empregabilidade, facilitar a súa inserción no ámbito laboral, promover o emprendemento e mellorar a súa situación dentro do mercado de traballo.

O día 27 de novembro, ás 10:00 horas, terá lugar unha charla informativa sobre este sistema no salón de actos da Axencia de Colocación.

O Concello de Mos ten moi en conta as dificultades de inserción dos mozos do municipio, por elo está a colaborar coa consellería deEconomía, Emprego eIndustriana difusión deste programa, xa dende o ano pasado; ademais de solicitar ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e ao Ministerio de Emprego e Seguridade, a participación no proxecto SIX+Garantía Xuvenil, para ser “Centro de Información Garantía Xuvenil”, en colaboración co Instituto de Xuventude de España (INJUVE).

19 de novembro de 2015 | 11:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.