Moncho Fernández: “O RETAbet.es GBC obrigaranos a defender moito tempo as posesións”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro recibe este sábado en Sar ao RETAbet.es GBC (20.00 horas – non televisado), partido no que Moncho Fernández espera poder contar cos seus doce xogadores por primeira vez na competición, xa que Alec Brown adestra co grupo actualmente.

“Son optimista de cara a que por fin poida debutar, aínda que loxicamente non estea ao 100%. Aínda que é un xogador intelixente que non desconectou e estivo adestrando pola súa conta, non é o mesmo que traballar con contactos na pista e automatizar as normas”, explicou.  

Do rival dirixido por Ponsarnau, asegura que é un equipo “que se asemella moito ao que quere o seu adestrador, moi ordenado ofensivamente, que ten claras as fontes de anotación e tenta ir a elas, aínda que xogadores que chegaron novos como Travis Wear aínda estean en axuste”. Ademais, asegura que “o complicadísimo calendario que tivo con Real Madrid, Herbalife Gran Canaria, Dominion Bilbao Basket e F.C. Barcelona Lassa fai que as súas cifras parezan malas cando non é a realidade”.

Fernández espérase un partido no que nos van a obrigar a defender moito tempo a posesión, porque é un equipo que coida moito o pase e madura moito as accións. Teremos que ter paciencia para tentar frealos”. 

Destaca dos donostiarras a súa forma “particular” de xogar, con sistemas “elaborados e traballados, buscando as vantaxes en cada momento”, polo que espera que os obradoiristas poidan “ter o mesmo despregamento e enerxía dos anteriores partidos en casa”

Tamén ten claro que se debe empezar coidando a defensa: “En ataque hai días nos que non metes, aínda que a decisión de tiro sexa boa. E a experiencia di que canto mellor defendamos, mellor atacaremos”, apunta. 

Sumará, un fin de semana máis, o alento da afección, no partido patrocinado polo Multiusos Fontes do Sar – Complexo Deportivo Santa Isabel no que os usuarios das instalacións poden comprar entradas en venda anticipada en oficinas a Prezos Reducidos.

O prezo será, por tanto, o mesmo que para menores de 18, estudantes menores de 25, maiores de 65 ou desempregados e federados do ámbito do baloncesto: 19 euros en Tribunas 1 e 15 euros en Tribunas 2 e Fondos. Mentres, o prezo xeral para este mesmo encontro é de 19 euros en Tribunas 2 e Fondos, 25 euros en Tribunas 1 e 29 euros en Tribunas Retráctiles.

5 de novembro de 2015 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.