Modifícase a data de inauguración da exposición das obras participantes no concurso de pintura Ernesto Goday
Un total de 19 obras compoñen a mostra de participantes no concurso de pintura Ernesto Goday que este ano chega a súa terceira edición. A inauguración da mostra estaba prevista para o venres, 20 de novembro ás 13.00 horas pero a grande cantidade de eventos e actividades que se teñen programado para esta fin de semana aconsellan adiar a súa apertura.
Lembramos que se trata da mostra de obras seleccionadas pero que o fallo do xurado agardará ata o mes de xaneiro, cando se dará a coñecer o gañador ou gañadora deste concurso. A inauguración da mostra realizarase finalmente o 27 de novembro o que supón que se prolonga a exposición de Ana Belén Fernández “Vivir a Colores” ata esa data.