Minuto de silencio na Praza do Obradoiro polas últimas vítimas da violencia machista

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Minuto de silencio

Minuto de silencio

A Praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron catro vítimas no Estado nos últimos días.

O alcalde, Martiño Noriega e outros membros da Corporación, así como traballadores do Concello e veciños, sumáronse ao acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo das catro mulleres asasinadas en Oviedo, Valencia e Córdoba.

Pleno
Precisamente, este luns, cumprindo co acordado polo Pleno, a sesión ordinaria de novembro comezou cun recordo ás vítimas da violencia machista. A Corporación gardou tres minutos de silencio, un por cada muller que foi asasinada no último mes a mans das súas parellas ou ex parellas.

Ademais, os balcóns do Concello seguen lucindo unha pancarta de repulsa aos crimes machistas e en apoio á marcha estatal que contra esta lacra se celebrou o pasado sábado en Madrid.

10 de novembro de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.