Menos dun mes para participar no concurso de postais Naviobra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro busca felicitación oficial para este Nadal co III Concurso de Postais Naviobra, que ademais deixará aos gañadores outros premios. Queda menos dun mes para o 15 de decembro, día ata que se poderán presentar os deseños na sede do club para poder pasar estes a a revisión do xurado.

Bases do III Concurso de debuxo Naviobra:

-Poderán participar todos os menores de 18 anos de calquera nacionalidade, ben presentándose pola súa propia conta ou por medio do seu centro escolar ou club de baloncesto.

-A postal deberá reunir dous temas: Nadal e Copa do Rei 2016.

-Cada concursante presentará un único traballo con técnica libre en formato 21×15 (medio folio) ou 29.7×21 (folio enteiro). Os cartóns poderán realizarse tanto en sentido vertical como horizontal.

-Na parte posterior do traballo deberá figurar nome, apelidos, centro escolar/club deportivo, de ser o caso, e teléfono de contacto do autor.

-Os orixinais deben chegar á sede do club antes do 15 de decembro. Poderanse presentar en persoa ou por correo postal.

-O Xurado que decidirá o gañador estará composto por un xogador do primeiro persoal, un conselleiro do Rio Natura Monbus Obradoiro e un membro do Padroado da Fundación Heracles.

-Os premiados serán notificados ao teléfono de contacto que faciliten, e o Primeiro Premio será a Felicitación do Nadal Oficial do Club, que este usará publicamente

Premios

Primeiro premio: 1 Balón Obra + 2 entradas para o Rio Natura Monbus Obradoiro – Montakit Fuenlabrada

Segundo premio: 1 pantalón de xogo oficial do Rio Natura Monbus Obradoiro

Premio especial grupos: O centro escolar ou club deportivo que presente máis traballos gañará 50 invitacións para o Rio Natura Monbus Obradoiro – MoraBanc Andorra, primeiro partido do ano 2016.

-Todos aquel non premiados que queiran a devolución da súa postal deberán de pasarse pola sede do club a recollela durante os dous meses posteriores ao fallo público do concurso.

-As obras premiadas quedarán en propiedade do Rio Natura Monbus Obradoiro, que poderá expolas, publicalas e editalas en forma de material divulgativo en calquera acción que realice. Os participantes ser responsabilizan na súa totalidade de que non existen dereitos de terceiro, así como de toda reclamación por dereito de imaxe. Os datos solicitados a través deste concurso serán tratados de conformidade coas bases do concurso, non cedéndose ou comunicándose os mesmos a terceiros.

-A participación nesta convocatoria supón a aceptación das presentes bases, que poderán ser interpretadas e integradas polo xurado naqueles aspectos non previstos nas mesmas.

17 de novembro de 2015 | 20:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.