Medioambiente e dúas concesionarias colaboran na limpeza a fondo dos colectores soterrados en Vilagarcía
O servizo municipal de Medioambiente, en colaboración coas empresas Contucho –que ten adxudicado o servizo de mantemento da rede de saneamento- e Inusa –que e a concesionaria do recollida de lixo- están colaborando nunha campaña de revisión, limpeza profunda e arranxo de ser o caso das distintas illas de colectores de lixo soterrados.
A campaña comezou cos situados na avenida da Mariña e agora se está actuando na praza da Constitución, para logo seguir polos outros colectores existentes no casco urbano: praza de España, praza de Galicia, etcétera, para seguir despois cos de Vilaxoán e Carril.
No caso da praza da Constitución hoxe mesmo se detectou unha avaría que obrigou a levantar un dos contedores e mantelo así, en suspenso, aínda que valado, ata mañá, mentres non se substitúen as pezas necesarias.
Sobre o caso do grupo de colectores existentes en Carril, xunto ao paseo marítimo, que leva anos parado, o concelleiro de Obras, Lino Mouriño, informou de que está tratando de buscar a mellor solución, aínda que, no mellor dos casos, precisará un investimento de entre 5.000 e 6.000 euros, segundo lle informaron os técnicos.











