publicidade hoxe

Medio cento de veciños asistiron en Oroso ao primeiro espectáculo dirixido a bebés de ata 4 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+
Espectáculo teatral

Espectáculo teatral

Algo máis de medio cento de veciños e veciñas de Oroso participaron esta fin de semana no espectáculo de poesía sensorial organizado polo Concello de Oroso e dirixido á primeira infancia, é dicir, bebés e nenos/as de ata catro anos de idade. Unha actividade totalmente novidosa, xa que é a primeira que o Concello de Oroso organiza exclusivamente para nenos de ata catro anos e as súas familias.

Durante media hora, Teatro da Semente representou “Chíos” sobre o escenario do centro cultural de Sigüeiro, un espectáculo de poesía sensorial para bebés e pais/nais acompañantes. As actrices Raquel Queizás e Chus Álvarez interactuaron en todo momento cos presentes a través de cancións, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfativa e táctil. 

O concelleiro de Cultura, Luís Rey Villaverde, sinala que “estamos moi satisfeitos da boa acollida deste primeiro espectáculo que organiza o Concello para a primeira infancia” e anuncia que “dende o Concello de Oroso imos responder ás peticións das familias, que nos dixeron que sería moi interesante facer máis actividades dirixidas aos bebés, polo que buscaremos novas actividades específicas para a primeira infancia para incluír na nosa oferta cultural”.

9 de novembro de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.