Medio cento de alumnos do colexio María Auxiliadora visitaron a Casa Consistorial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Visita dos escolares

Visita dos escolares

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, recibiu este venres no Salón de Plenos do Concello a un grupo de cincuenta nenos e nenas que cursan segundo de primaria no colexio lucense María Auxiliadora, que viñan acompañados de 4 profesores.

Os cativos e cativas, que tiñan ao redor de 7 anos de idade, entregáronlle unha carta á Concelleira na que lle deron conta das súas suxestións. Os nenos e nenas, que se mostraron interesados polos espazos naturais de Lugo, demandaron máis hortos urbanos na cidade. Entre as súas peticións tamén figuraba a instalación de parques infantís adaptados e un carril bici. 

20 de novembro de 2015 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.