publicidade hoxe

Matanza e magosto no mes de novembro en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Como ven marcando a tradición cada mes de novembro as asociacións culturais e veciñais do municipio, coa colaboración da Concellería de Festexos, dirixida por Lidia Salgueiro, enchen os diferentes lugares de diversión e boa xoldra.

O pistoletazo de saía terá lugar mañá sábado 7 de novembro nos lugares de Lourido e Samieria, cunha oferta moi variada. Os/as veciños/as do municipio poderán optar por disfrutar da música tradicional da man do grupo Vento Mareiro e as pandereteiras “As Chaneiras” no Parque de Costa Xiraldez (organiza: A.V. Lourido) e de xogos tradicionais e cinema, na Casa do Pobo de Río de Bois (organiza: SCD Samieira), todo acompañado da castañas asadas e viño de balde.

O prato forte será o martes 10 coa Festa da Castaña, no marco da programación das festas adicadas a efeméride de San Martiño, na parroquia de San Xoán, onde música e tradición conxugarán a perfección para ofrecer unha gran velada.

O venres 13 será o turno do baile-magosto para os nosos maiores no Centro de Servizos Sociais “Casa Rosada”, organizado pola Concellería de Benestar Social, a cargo de Rosa Fernández.

O sábado 14 toman o relevo a A. Ateneo Corredoira, SCD Raxó, Divino Salvador e A.V. Campelo nas parroquías de Combarro, Raxó e San Salvador, así como o lugar de Campelo, en San Xoán.

Darán peche a estas semanas cheas de música, diversión e tradición, os magostos organizados nos lugares da Seca, de mans da A.V. Boureante, Vilariño, pola comisión de festas e Sartal, pola A.C.V Ronsel, o sábado 21 e o domingo 22, respectivamente.

 

6 de novembro de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.