María Sonia Gómez Villar gaña o sorteo do desconto de 6.000 euros do 7º Salón do Automóbil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Entrega do cheque

Entrega do cheque

María Sonia Gómez Villar recibiu esta mañá no concesionario de GADASA Ourense o cheque desconto de 6.000 euros que gañou ó mercar un vehículo e participar así no sorteo promovido pola Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (A.C.A.U.T.O.) e Expourense durante o 7º Salón do Automóbil que se celebrou durante dúas fins de semana de outubro no recinto feiral.

Un dos principais atractivos destas citas era este desconto de 6.000 euros entre todos aqueles que mercaran o seu coche, tanto no salón do automóbil novo como no de ocasión. Entre os máis de 300 vehículos vendidos, A.C.A.U.T.O. realizou o pasado  martes 3 de novembro o sorteo ante Notario que deu como gañadora a María Sonia Gómez Villar, quen mercou en Expourense un Skoda Fabia de Ocasión no concesionario de GADASA en Ourense. 

Esta mañá fíxoselle entrega tanto do cheque desconto como do propio vehículo. O cheque foille entregado pola xerente de GADASA, Eva André Cendón, e pola directora de Administración de Expourense, Cristina Álvarez Bermejo. Tamén participarón nesta entrega o responsable da zona centro de ABANCA, Carlos Díez, o representante da C.E.O., Francisco Muñoz, e o marido da gañadora do sorteo, José Vázquez Conde. A afortunada acudiu a Expourense cunha “idea clara do coche que buscaba. A xerente de GADASA animoume a pechar a compra no salón para poder participar no sorteo e animeime, aínd aque nunca pensei que me fora tocar realmente. Cando me chamaron dende A.C.A.U.T.O. para dicirme que me tocara o cheque de desconto pensei que me estaban tomando o pelo”.

9 de novembro de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.