publicidade hoxe

Máis dunha trintena de nenos gozaron da primeira sesión de “Contos Contados”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Sesión de Contos Contados

Sesión de Contos Contados

O sábado, 7 de novembro, celebrouse na Biblioteca Municipal da Guarda, a primeira sesión de “Contos Contados” organizada pola Concellería de Cultura.

Nesta ocasión foron máis de trinta rapaces e rapazas, moitos deles acompañados polos seus pais, os que asistiron a esta iniciativa. 

A sesión de “Contos Contados” comezou ás 11 horas e se alongou ata ás 12,30 horas. Durante este tempo ademais de que a animadora contase o conto, os nenos e nenas tamén tiveron tempo para xogar relacionando o seu nome cun conto, respondendo ás preguntas sobre a historia ou pintando un debuxo sobre o conto. 

Seguintes citas 

As sesións de “Contos Contados” continuarán celebrándose o primeiro sábado de cada mes, así, a seguinte cita está organizada para o 5 de decembro. 

Con esta iniciativa dende a Concellería de Cultura, e tamén Educación, dirixidas por Elena Baz, queren convidar aos nenos e nanas a achegarse á biblioteca municipal e ademais incentivar a lectura entre eles.

9 de novembro de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.