publicidade hoxe

Magosto e mostra de produtos artesanais en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

Este domingo, a partir das 17 horas no pavillón polideportivo municipal celebraremos a quinta edición dos magostos de Laxe que, dende fai cinco anos atrás, se coordina coa organización dunha mostra de produtos artesanais na que inicialmente participaban asociacións e veciños/as do noso concello e que, dende fai 3 edicións, incorpora cada vez máis tamén a outras persoas e entidades que na maioría dos casos pertencen a concellos próximos a Laxe e que, en todo caso, teñen residencia en Galicia.

Este ano, segundo o tratado, traballado e organizado ata o momento, será unha das mostras máis numerosas das realizadas, cun total de aproximadamente 30 persoas que expoñerán os seus PRODUTOS ARTESANAIS, tan diversos e pertencentes a diferentes modalidades artesanais, tales como: cestería, palillo, calceta e ganchillo, artesanía con redes, bisutería variada, patchwork, produtos navideños, bonecos, olería, cantería, traballos con coiro e elementos vikingos, cantería, policromados, artesanía con madeira, traballo artesanal de sacos térmicos e velas, manualidades con fieltro, esculturas de escaiola e material de refugallo, pintura con diferentes técnicas, gravados e mosaicos, demostración de cultivo ecolóxico de setas, elementos decorativos variados, xoguetes de madeira, poemarios… e algunha que outra sorpresa.

Ademais da ambientación musical que dará un toque festivo á xornada, este domingo contaremos con: 

– 17:00 h: Apertura das portas do polideportivo. Comezo da mostra de produtos artesanais e posta en funcionamento  dos inchables para os máis pequenos/as.
– 17:30 – 19:30 h: Comezo dos obradoiros para persoas a partir dos 10-11 anos de estampación e de cartonaxe para libretas
– 17:30 h: Comezo do reparto de castañas
– 18:00 –  18:30 h e de 19:00 a 19:30 horas: Funcionamento do POSTO DE TROCO (novidade incorporada este ano)

Que se poderá trocar?

Cousas que xa non che resulten útiles pero que estén en bo estado para ser usadas por outras persoas: libros, xoguetes, películas,             ferramentas, roupa, cd`s,dvd`s…

Como funcionará o posto de troco?

– O posto de troco estará situado ao carón das mesas de reparto das castañas.

– Nas horas establecidas para o troco, de 18:00 a 18:30 horas e de 19:00 a 19:30 horas, cada persoa que estea interesada en trocar algo,     deberá achegarse á mesa destinada a tal fin para depositar o seu obxecto e estar preto del durante ese tempo, por se aparecese algunha     persoa interesada en realizar o troco.

– As persoas propietarias dos obxetos serán as que, en todo caso, deben falar entre sí para chegar a un acordo de troco e intercambiar así os     seus obxectos. 

– O fin último desta actividade é facilitar a relación de intercambio entre as persoas de obxectos para satisfacer necesidades.

–  O emprego de cartos está totalmente prohibido neste troco.

20 de novembro de 2015 | 11:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.