López Abella asiste á presentación do fondo bibliográfico de María Josefa Wonenburger

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á presentación do Fondo Bibliográfico de María Josefa Wonenburger, onde incidiu en que é fundamental visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía.

López Abella lembrou que a Xunta creou na Unidade de Muller e Ciencia un premio que leva o seu nome, o Premio María Josefa Wonenburger, para distinguir a aquelas mulleres galegas con traxectorias notables nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, un compromiso asumido por parte do Goberno galego dende a Secretaría Xeral da Igualdade.

A titular de Igualdade destacou que a visibilización da actividade desta muller e do seu triunfo é unha combinación gañadora, por iso debese seguir recoñecendo ás mulleres científicas de Galicia, mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras. Polo que dende o Goberno galego considerase prioritario incrementar a presenza da muller nos ámbitos científicos e tecnolóxico de Galicia, pois unha maior presenza de mulleres na investigación contribuiría a enriquecer a actividade científica coa achega de novos temas e perspectivas.

A igualdade de oportunidades ten que ser o punto de partida de todas as persoas, o resultado é aquel que cada unha se constrúe co seu esforzo, co seu traballo e co seu talento. E só se favorecemos con igual énfase a esixencia, o esforzo e a excelencia, nun marco de Igualdade de oportunidades, teremos individualmente, e a sociedade no seu conxunto, máis opcións de futuro, rematou a secretaria xeral.

6 de novembro de 2015 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.