Juanjo Triguero sofre unha fractura do tabique nasal
O xogador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Juanjo Triguero, sufriu durante unha das sesións de adestramento un golpe fortuíto na loita por un rebote que o obrigou a retirarse da sesión. Tras someterse a diversas probas cos servizos médicos oficiais do club, no Hospital Policlínico A Rosaleda, o diagnóstico indica unha fractura no tabique nasal. O pivote reincorporarase hoxe mesmo aos adestramentos co equipo utilizando unha máscara protectora, que levará durante un mínimo de 3 semanas.











