José Miñones viaxa a Bruselas para participar nunha reunión de traballo sobre o financiamento autonómico e local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

O alcalde de Ames, José Miñones, estará este mércores 18 e xoves 19 de novembro no Parlamento Europeo para participar nunha xuntanza de traballo na que se falará do financiamento autonómico e local que se achega dende a Unión Europea. O rexedor municipal fará esta visita a Bruselas grazas a unha invitación feita polo parlamentario José Blanco.

O obxectivo desta visita, máis alá de coñecer as instalación do Parlamento Europeo, é participar nunha xuntanza de traballo sobre o financiamento autonómico e local que se achega dende a Unión Europea. O alcalde de Ames, José Miñones indica que “precisamente hoxe se abriu o prazo de solicitude dos Fondos FEDER da Unión Europea aos cales o Concello de Ames vai a presentar unha solicitude por un máximo de cinco millóns de euros co fin de poder realizar proxectos no futuro de interesa para o municipio”.

Ademais, este mércores 18 de novembro terá lugar unha xuntanza en Madrid de cara a planificar os proxectos que se presentarán aos Fondos FEDER da Unión Europea. A esta xuntanza asistirán representantes das empresas Idom e Eosa. Unha destas dúas empresas será a encargada de elaborar o proxecto que presentará o Concello de Ames para optar a concesión deste fondos europeos.

17 de novembro de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.