Galicia participará esta fin de semana no Open de Croacia de Taekwondo
Galicia estará presente esta fin de semana (7 e 8 de novembro) no Open de Croacia (G-1). A Federación Galega de Taekwondo despraza a un equipo formado por 13 deportistas e a Real Federación Española de Taekwondo tamén fixo unha convocatoria na que están incluídos Katia Calvar (-67) e Javier González (-63). Tamén estaba convocado Xián Silva (-74), pero non viaxa por lesión. Ademais, o Natural Sport Ribeira tamén acode a este torneo con varios deportistas. O Open de Croacia conta cunha inscrición de 1.400 deportistas das categorías cadete, júnior e sénior. A selección galega está formada oito deportistas da categoría cadete, cinco séniors e tres técnicos. A competición sénior celebrarase o día 7, mentres que os cadetes competirán o domingo 8.











