Festa da terceira idade en Xove
A FESTA DA TERCEIRA IDADE, que xa vai pola súa XXIII edición, vai dirixida ás persoas pensionistas maiores de 60 anos cos seus cónxuxes ou parellas do noso Concello. A mesma vai desenvolverse MAÑÁ VENRES 6 DE NOVEMBRO con actividades ao longo de todo o día, con arranxo ao seguinte programa.
-12:30 horas.- Misa no Salón de Actos do Centro Cívico, acompañada por un Cuarteto de Cordas da Escola Municipal de Música.
-14:00 horas.- Xantar no Restaurante Louzao de Area.
Unha vez rematado o xantar, por parte do Concello, vaise facer entrega dun agasallo aos máis maiores da Festa, home e muller, que son:
-Amador Vázquez Abad (95 anos).
-Josefa Franco Fernández (88 anos).
Posteriormente tódolos participantes van disfrutar dun baile.
En total van particpar nesta Festa 446 persoas, que van estar acompañados pola Corporación. O Concello, o mesmo que en edicións anteriores, pon autobuses gratutitos a disposición de tódolos participantes que así o queiran, tanto para ida como para o retorno.