Ferreiro analizará coa ministra de Fomento o proxecto do Goberno central para A Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, indicou este martes que o Concello da Coruña atópase, nestes momentos, á espera de que o Ministerio de Fomento lle traslade información sobre o seu proxecto de actuación na Avenida da Vedra. Segundo explicou o rexedor, a preguntas dos xornalistas, a semana pasada, a titular deste departamento do Goberno central, Ana Pastor, manifestoulle na súa visita a Madrid para participar na reunión do Comité Aeroportuario Galegoque o Executivo coruñés recibiría de seguido o seu plantexamento para a ampliación deste vial de acceso á cidade. “Mentres non teñamos iso non podemos valorar unha proposta que non temos tanxible. Pastor díxonos que esta semana recibiriamos o seu proxecto e que logo, ambos os dous falariamos sobre el”, comentou.

Non obstamte, Ferreiro manifestou que parece existir vontade por parte de Fomento de atender ás reivindicacións do Concello coruñés, que presentou a súa propia proposta de “humanización” da avenida nunha reunión mantida xa no mes de setembro. “Creo que hai avances, nos fixemos esa proposta de humanización, que contempla espazos de zonas verdes que axudarán a tranformar esta zona nunha avenida urbana, nunha zona máis da cidade. A ministra díxome que habería avances nese sentido, e iso para nós é unha lectura positiva, aínda que teremos que profundizar nela cando teñamos documentos”, opinou.

3 de novembro de 2015 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.