publicidade hoxe

Ferreira, San Xorxe de Aguasantas e Merlán serán obxecto de instalación de redes de saneamentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada reuniuse co Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para tratar de impulsar melloras no saneamento e abastecemento de varias zonas polas que transcurre o camiño primitivo.

 Na reunión, abordouse a necesidade de dotar de redes de saneamentos de poboación próximos a ruta xacobea de peregrinaxe a Santiago. O Concello elaborará, un proxecto técnico para dotar destas infraestructuras nun primeiro intre ós principais asentamentos de poboación, así como a aqueles espazos donde comenza a establecerse un bo número de establecementos hosteleiros.

Como ben se puxo de manifesto na reunión, o camiño primitivo pertence a Confederación Hidrográfica Miño –Sil a diferencia do Camiño Francés pertencente a Augas de Galicia. A idea é dotar de servicios a todas as zonas limítrofes co camiño primitivo; nun primeiro momento priorizarase a zona das Seixas (na parroquia de Merlán) donde se atopa o albergue público da Xunta de Galicia, así como empezarase con algún establecemento de hostalería, a zona de Ferreira  e da súa Ponte Románica, donde se atopan algunas casas de turismo rural  e establecemntos hosteleiros, para logo continuar por San Xorxe de Aguasantas e Merlán. Estas inversións que serán co-financiadas entre a Confederación Hidrográfica e co Concello de Palas de Rei ascenden a un orzamento de 266.000 euros no caso das Seixas, 200.000 euros en Ferreira e 300.000 euros en San Xorxe de Aguasantas e Merlán. Con esta actuación preténdese dar servicio ós máis de 500 habitantes da zona, así como os  miles de peregrinos que discurren pola ruta xacobea. Con elo preténdese eliminar os vertidos e mellorar a calidade de vida dos veciños da zona norte do Concello.

12 de novembro de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.