Feira de desenvolvemento local “A forza do local” en Ames

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

Esta feira organizada pola Asociación Finisterrae de profesionais de desenvolvemento local (Afiprodel – Galicia) está cofinanciada pola Deputación da Coruña e colabora o Concello de Ames.

Neste evento celebrarse as Xornadas Técnicas A Forza do local o venres e sábado cun amplo programa de encontros, relatorios, roldas de comunicación e mesas redondas que tratarán temas relacionados co desenvolvemento local. Os profesionais e persoas interesadas poden inscribirse ata o 25 de novembro na web da feira http://afiprodel.org/feira/participantes/

O sábado 28 de novembro o público en xeral poderá gratuitamente visitar a feira no Pazo da Peregrina. Atopándose

– unha exposición de boas prácticas en desenvolvemento local realizada por concellos, empresas e entidades. Estas experiencias nas que colaboraron os profesionais de desenvolvemento local Terán unha rolda de exposición oral para dar a coñecer máis polo miúdo os seus proxectos.

Ata o ano 2016 esta exposición percorrerá os concellos galegos e Afiprodel dará a coñecer o calendario e concellos receptores desta exposición no mes de decembro.

– Feira en carpas e actividades para visitantes. Durante o sábado dende as 10 da maña ata as 8 da tarde, permanecerá aberta a feira onde haberá degustacións, obradoiros e mostras en vivo dos produtos e servizos das empresas e entidades de Galicia.

O acto de apertura e benvida da feira realizarase no Pazo da Peregrina ás 10:00h no que participarán o alcalde do Concello de Ames e o presidente da Deputación da Coruña e a presidenta de Afiprodel – Galicia. A continuación tamén participará a presidenta da Deputación de Pontevedra.

19 de novembro de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.