FAPACEL e Deputación de Lugo presentan o programa “Coa educación por diante”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Na mesma estiveron presentesademais do deputado provincial Xosé Ferreiro e do presidente da FAPACEL LuísBlanco, Lucía Fernández e Zeltia Méndez do Centro Psicopedagóxico “Crea”autoras, xunto a Carmen Moreno tamén de Crea, da guía Escola de Habilidades Socias e Rubén Pérez querealizará Obradoiro sobre o Conto Popularpara as nenas e nenos que asistan ás charlas.

A FAPACEL comentou que neste mesde novembro presentará a guía Escola deHabilidades Socias con charlas dirixidas a familias con nenos e nenas de 4a 12 anos.

Nesta guía atoparanseorientacións para favorecer a adquisición de habilidades básicas de relaciónsocial. Está dividida en diferentes partes, na primeira dáse unha explicacióndo que son as habilidades sociais e a importancia que ten a súa adquisición. Nasegunda parte explícanse os diferentes estilos de interacción social, amosandoas características de cada un deles mediante unha situación práctica. Acontinuación, aprenderanse unha serie de pautas educativas para a resolución deconflitos. E para finalizar, destacaremos diferentes mitos sobre asinteraccións sociais para reflexionar entre todas e todos

Para facilitar a asistencia das familias ás charlas asnenas e nenos terán un Obradoiro sobre oConto Popular que correrá a cargo de Rubén e Elena Centelles.

No mes de decembro, unha vezrealizadas todas as charlas,enviaranse guías as ANPAS asociadas para repartirás familias socias que as soliciten.

6 de novembro de 2015 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.