ExpoCoruña acolle esta fin de semana Motorocasión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

Os días 6, 7 e 8 de novembro Expocoruña acolle Motorocasión A Coruña 2015, 12000 m2 de exposición, un dos principais certames de España polo volume de vehículos e superficie. Máis dunha vintena de marcas ofrecerán medio milleiro de vehículos: quilómetro cero, automatriculados, coches de xerencia, coches de exhibición e coches de flota de aluguer. Os compradores interesados poderán valorar diferentes ofertas nun marco de calidade.

FEED

O FEED, organizado pola DAG con carácter bianual, celebrarase os vindeiros 20 e 21 de novembro e responde á necesidade de establecer un foro para profesionais do deseño no que poder compartir experiencias, satisfacer a demanda de formación continua por parte dos deseñadores galegos e propiciar a reflexión e o debate dentro da profesión.

Exporpymes

A Cámara de Comercio da Coruña, co apoio do Concello da Coruña, o IGAPE e os Fondos Europeos FEDER a través da Cámara de Comercio de España, organizou a II Edición de Exporpymes que terá lugar o 25 de novembro, co obxecto de axuntar nun mesmo espazo a expertos en internacionalización, importadores de diversos países (Chile, China, Colombia, Francia, Marrocos, Estados Unidos, México, Perú, Portugal, Reino Unido e EAU) e empresas exportadoras, empresas que desexen iniciarse na exportación, profesionais do comercio internacional e novos profesionais do comercio exterior, institucións relacionadas coa exportación e emprendedores con vocación internacional.

6 de novembro de 2015 | 13:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.