publicidade hoxe

Éxito de convocatoria no curso vinícola da asociación de veciños de Ponte Ledesma

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+
Visita ás adegas

Visita ás adegas

Ponte Ledesma é unha parroquia bañanda polo Ulla, o que lle outorga gran fertilidade as súas terras adicadas na maior parte á produción agrícola e vinícola, tanto é que a zona atópase baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Dado que se contabilizan na zona aproximadamente 700 persoas implicadas directa ou indirectamente co sector vinícola, a Asociación de Veciños de Ponte Ledesma, organizou coa colaboración da Deputación de Coruña, durante os meses de outubro e novembro un exitoso curso de “Elaboración de viño” ó que asistiron aproximadamente 50 persoas de todo Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces.

O curso estivo impartido por un enxeñeiro enólogo e entre os temas impartidos cabe destacar: a lexislación vixente sobre viñedos, elaboración, cultivo, limpeza de depósitos e adegas, tratamento de envases de madeira , cultivo e elaboración ecolóxica, etc.

Como colofón ó curso e complemento perfecto á parte teórica, o sábado 14 de novembro todos os alumnos/as do curso, realizaron unha excursión a varias adegas de Vilanova de Arousa e Soutomaior. 

18 de novembro de 2015 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.