Estréase no Morrazo a cinta “La vida de Adéle”, Palma de Ouro en Cannes 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Mañá sábado 7 de novembro,o Cineclub Bueu continúa co seu ciclo mensual “Sábados de cine”, no que cada mes nos achega unha das películas máis valoradas dos últimos anos.

Este mes é o turno de “A vida de Adéle”, a cinta francesa dirixida por Abdellatif Kechiche, que se proxectará no Centro Social do Mar en sesión dobre, una en versión dobrada en castelán ás 18:00 horas e outra en versión orixinal subtitulada ás 22:00 horas. Esta será a estrea desta multipremiada película nos cines do Morrazo. 

“A vida de Adéle” nos achega a vida de Adéle (Adèle Exarchopoulos), unha rapaza de 15 anos que sabe que o normal é saír con mozos, pero ten dúbidas sobre a súa sexualidade. Unha noite coñece a Emma (Léa Seydoux), unha moza co pelo azul, e a súa vida cambia para sempre.

A película é unha das cintas máis aclamadas dos últimos anos, tanto pola consecución da prestixiosa Palma de Ouro de Cannes, como por ser premiada como mellor película do ano por numerosas asociacións de críticos (Palmarés e críticas ao final da nota). 

O custo de cada pase será de 2 euros para os espectadores soci@s e de 3,50 euros para os non soci@s. Calquera espectador se pode facer soci@ o mesmo día da proxección, tendo unha cota anual de 15 euros (habendo descontos familiares). Coa cota de soci@, ademais do desconto na entrada, se terá acceso ao arquivo de películas da asociación. 

Adxuntamos ao email foto da entrega da Palma de Ouro, fotogramas e cartel da proxección.

O proxecto conta coa colaboración do FICBUEU, Federación de Cineclubes e Concello de Bueu.

PREMIOS:

Cannes 2013: Palma de Ouro, Premio Fripesci.

Premiada como mellor película do ano: American Film Critics, New York Film Critics, London Film Critics, Independent Spirit Awards, Premios Guldbagge,…

Nomeada a mellor película do ano: Globos de Ouro, Premios Cine Europeo, Premios Goya, Premios César, BAFTA, David di Donatello…

CRÍTICA:

 “Sobre la pantalla, simplemente un milagro”  El País.

“Una obra maestra intensamente erótica”  The Atlantic.

“Una experiencia cinematográfica descarnada, tristísima, conmovedora y memorable. Un peliculón” Cinemanía.

“Probablemente nunca se ha hecho una película que refleje con tanta física y química el amor y lo otro entre dos mujeres, y puede que valga la frase terminada entre dos personas”  ABC.

6 de novembro de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.