Estrea en Cineuropa da longametraxe documental ‘Querida Gina’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Jacobo Sutil na estrea do documental. Foto: X. Crespo

Jacobo Sutil na estrea do documental. Foto: X. Crespo

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, asistiu á estrea da longametraxe documental ‘Querida Gina’, que tivo lugar hoxe no Teatro Principal de Santiago de Compostela no marco do Festival Cineuropa. A película, producida pola compañía galega Artemática, con dirección de Susana Sotelo e con Ángel de la Cruz como produtor executivo, contou para a súa realización cunha subvención concedida pola Agadic no ano 2010.

‘Querida Gina’ é una ‘road-movie’ emocional arredor da memoria, do cine e da vida, da man de dous xenuinos protagonistas que emprenden a aventura das súas vidas aos 80 anos de idade. Son Juan e Serafín, dous homes correntes que viven nunha pequena aldea do norte de España e que inician unha viaxe a Roma para cumprir o seu soño de xuventude: coñecer a Gina Lollobrigida, a diva da que se namoraron cando compartiron pantalla con ela no filme ‘Salomón e a raíña de Saba’.

19 de novembro de 2015 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.