Espectáculo didáctico de danza contemporánea para escolares de Ourense
Durante os vindeiros tres días (mañá mércores, o xoves e o venres), a Concellería de Educación ten organizado un espectáculo didáctico de danza contemporánea para escolares de 5º e 6º curso de Educación Primaria. Terá lugar no salón de actos da Escola Municipal das Artes Escénicas ás 11.00 horas dos días 04, 05 e 06 de novembro. Participan un total de 325 alumnos e alumnas de 7 centros de ensino da cidade
O espectáculo, que leva por título “En Escena”, comezará cunha breve explicación e presentación da actividade indicando tamén os principios básicos da danza e despois poderán gozar de 2 dúos de danza contemporánea que forman parte do repertorio da compañía SóLODOS e da Compañía Sparber-Martínez, invitada este ano a esta actividade.
Finalmente levarase a cabo un obradoiro no que os nenos e nenas participarán activamente e aprenderán conceptos e ideas sobre a danza contemporánea, así como diferentes formas de realizar unha coreografía e terán a oportunidade de preguntar e traballar cos bailaríns nun escenario real.
Os obxectivos a conseguir con esta actividade son os de dar a coñecer a danza contemporánea e animar aos alumnos e alumnas a practicar calquera modalidade de danza xa que é un exercicio moi completo
Tamén descubrirán a traxectoria dunha gran bailarina da nosa cidade, Maruxa Salas (compañía SóLODOS)
A actividade terá unha duración de 1h 15 min aprox e estará dividida en tres partes:
1. Introdución e presentación (10 min)
2. Espectáculode danza (30 min)
3. Obradoiros cos nenos e nenas asistentes (30min)
O profesorado que solicitou esta que actividade ten á súa disposición unha guía didáctica para descargala desde a páxina web da Concellería de Educación: www.educacionourense.com con información e exercicios para realizar antes e despois de asistir ao espectáculo.











