Eliximos Narón lamenta que unha desafortunada xestión retrase a revisión do valores catastrais do IBI

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

Eliximos Narón lamenta que a remisión do acordo plenario do pasado 30 de abril, instando a revisión á baixa dos valores catastrais dos bens de natureza urbana, para adaptalos ao prezo actual de mercado, non se fixese adecuadamente, xa que se remitiu a un departamento do Ministerio de Facenda en lugar de facelo á Dirección Xeral do Catastro. E por elo solicita a alcaldía que se remita novamente á citada Dirección co fin de que a maior brevidade posible se proceda a dita revisión. Tamén lamentamos que, a consecuencia desta desafortunada xestión, todos os veciños de Narón continúen a pagar os inmobles con valores da época da especulación inmobiliaria, o que nos leva a que en Narón un piso de 100 m² pague 80 euros mais de IBI que un no centro de A Coruña.

11 de novembro de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.