Eliximos Narón aposta pola transformación da rotonda de Freixeiro en turbo-rotonda
Eliximos Narón presentou unha moción para o pleno deNarón co obxectivo de solicitar o goberno que de os pasos necesarios para a transformación da rotonda de Freixeiro en turbo-rotonda.
As rotondas rápidas, turbo-rotondas ou turbo-glorietas son un sistema de circulación que, desenvolvido en Holanda, foise estendendo por toda Europa. En España estreouse por primeira vez en Asturias en 2009 e actualmente estanse adoptando en moitas cidades e pobos españois.
Estas turbo rotondas, que nun principio teñen un aspecto semellante, difiren das glorietas clásicas principalmente por non presentar o mesmo número de carrís en todo o seu trazado, e pola sinalización horizontal que guía o tráfico desde antes de entrar nela, de forma que o condutor debe tomar un carril ou outro con antelación, en función do seu destino.
Aínda que ao principio poden parecer complicadas, dada a actual costume da maioría dos condutores de empregar sempre o carril dereito para entrar nas rotondas, resultan máis fáciles de usar si se selecciona de partida o carril correcto de entrada.Quen desexe tomar a primeira saída, deberán circular polo carril da dereita, podendo virar sen medo de atopar ningún vehículo na súa traxectoria, xa que este carril quedará separado por unha liña continua que impedirá o acceso dende o carril interior, os demais, deberán entrar polo carril da esquerda e continuar o carril ata a saída desexada, salvo si se quere dala volta completa, caso no que se deberáacceder ao novo carril central, pero coa garantía de non atopar coches.
Probablemente o funcionamento deste novo sistema requirirá dun pequeno período de adaptación por parte dos condutores, que deberán atender ás indicacións da sinalización instalada en cada entrada da rotonda para saber cal dos dous carrís deberán tomar, en función da dirección que sigan. En caso de dúbida pode entrarse polo carril da esquerda e dar máis dunha volta á rotonda.
As súas principais vantaxes son:
– Facilidade de uso.
– Mellora da seguridade e redución da sinistralidade (onde están en marcha, a estatística fala dun 75% menos de golpes).
– Distribúe mellor o fluxo de vehículos fomentando un tráfico máis áxil ao redistribuílo por todos os carrís.
– Mellora a capacidade do tránsito fronte ás rotondas tradicionais(valórase que pode incrementala nun 35%), reducindo o número e a gravidade dos atascos.
A rotonda da Estrada de Castela en Freixeiro é probablemente e a rotonda de maior tráfico de Narón e é unha candidata óptima para súa transformación a turbo-rotonda dado que o seu trafico presenta múltiples orixes e destinos, xa que esta e unha condición para que a turbo-rotonda sexa mais eficiente que a rotonda normal, pois nunha intersección onde a maioría dos traslados fanse dun dos puntos a outro, o efecto sería o contrario.
Na seguinte figura amosase a circulación a través da turbo-rotonda en todas as súas combinacións.
Creemos que se debe dar este paso para avanzar na seguridade viaria e no aproveitamento das nosas infraestruturas viarias.
Esta pode ser a primeira das turbo-rotondas en Narón e comarca, e permitirá poñer a proba a tanto a súa resposta fronte a conxestións como avaliar a resposta dos condutores á mesma.











