Dobrete da Sociedade Ximnástica na Vigo +11

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedraVigo
A-
A+

Máis dun milleiro de participantes, correron polas rúas de Vigo, na tradicional carreira popular Vigo+11, o bo tempo acompañou aos atletas que gozaron dunha xornada agradable.

A Sociedade Ximnástica saíu a disputar a carreira, coa presenza dalgunhas das novas incorporacións do equipo pontevedrés para a presente tempada, como Manuel Hurtado e Akka Essaadaoui. Os dous destacáronse dos seus rivais no quilómetro final, gañando a carreira Manuel e sendo segundo Akka; tamén estivo a pelexar polo triunfo Robertas Geralavicius que asinou en meta un magnífico cuarto posto.

Terceiro posto de Joselyn Brea en Negreira 

Tras o seu triunfo en Santiago, a atleta da Sociedade Ximnástica continúa sen baixarse do podio e na carreira popular de Negreira acabou en terceira posición da categoría feminina.

Non foi o único podio da Ximnástica na 36 edición da carreira popular que congregou a preto de 700 corredores, hai que contar co veterano Paco Suárez, cun terceiro posto na súa categoría masculina de maiores de 50 anos.

9 de novembro de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.