Deputación de Lugo e USC abordan as prioridades para o 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Darío Campos co reitor da USC

Darío Campos co reitor da USC

O Presidente da Deputación, DaríoCampos Conde, mantivo este martes o seu primeiro encontro co Reitor daUniversidade de Santiago de Compostela, Juan Manuel Viaño Rey, e co Vicerreitorde Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema, no que abordaron asprioridades para o 2016.

Deputación e USC acordaroncontinuar co desenvolvemento do Plan de Choque en impulso da Universidadeluguesa. Campos Conde adiantou que para elo o organismo provincial achegaráoutros 350.000 euros no 2016. Ambas as dúas institucións, que manterán ascolaboracións que todos os anos xa financia a Deputación, estudan, ademais,intensificar as súas vías de cooperación o vindeiro ano.

Deputación e USC asinaron no 2014un protocolo de colaboración para a posta en marcha dun Plan de Choque noCampus de Lugo. Fixérono tendo en conta a constante perda de alumnado, que naúltima década e no conxunto dos Campus da USC en Galicia se reduciu nun 50%.

Dende entón, Deputación e USCpuxeron en marcha campañas de promoción de Lugo como cidade universitaria,ofreceron descontos do 50% na matrícula para primeiros estudantes en 10 Graosdo Campus, un Plan de Captación de Talento para custear integramente amatrícula dos mellores expedientes de BAC, FP e Grao, bolsas para fomentar astitulacións de Máster ou para os cursos de verán, entres outras actuacións

As 13 medidas que contempla oPlan de Choque son as seguintes:

1.- Realización de plans depromoción de Lugo como cidade universitaria e das titulacións do Campus deLugo.

2.- Plans de bolsas para gastosde matrícula nas titulacións con problemas de demanda.

3.- Plans de captación deestudantes doutras nacionalidades.

4.- Plans de apoio para asprácticas de campo.

5.- Plans de bolsas deinvestigación en grupos.

6.- Fomento das titulacións deMáster.

7.- Potenciación dos cursos deverán na provincia de Lugo.

8.- Estudos sobre a posibilidadede utilizar a Granxa Gayoso Castro para a realización de prácticasuniversitarias.

9.- Impulso da docenciasemipresencial ou a distancia mediante a implantación de novas tecnoloxías.

10.- Incentivos de Traballos deFin de Grao e Traballos Fin de Máster.

11.- Impulso da divulgacióncientífica e a captación de novos talentos.

12.- Estudo sobre a posibilidadede incrementar os fondos existentes na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.

13.- Análise das infraestruturasdeportivas e docentes.

3 de novembro de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.