publicidade hoxe

Curso de manipulador de productos fitosanitarios en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A concellaría de formación, emprego e dinamización económica do concello de Gondomar organiza un curso Básico de manipulador de produtos fitosanitarios  (25 horas lectivas) en horario de 16:00-21:00 h.  A concellaría pretende con esta acción formativa achegar o alumnado a preparación precisa para optar o examen oficial da Xunta de Galicia que da lugar o carné de manipulador.

Este curso preparatorio se desenvolverá no centro de desenvolvemento local de Gondomar (CDL) nas datas  14-18 decembro e posteriormente haberá que aprobar o examen oficial que  establece a consellería de medio rural.

O curso será gratuito para o alumnado e disporá de 30 prazas, tendo preferencia  as persoas que estean empadroadas no municipio de Gondomar,   menores de 35 anos e  as desempregadas con maior antigüidade.

Os interesados deberán cubrir e presentar por rexistro municipal unha solicitude  que terán no CDL ou no concello, as datas de inscrición serán dende o 23 de novembro ate 1 decembro ámbalas dúas incluidas.

19 de novembro de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.