Cruz Vermella Ordes organizará en decembro un curso de manipulador de alimentos
Cruz Vermella Ordes levará a cabo o vindeiro 19 de decembro un curso de manipulador de alimentos. Concretamente terá lugar na aula de formación dos baixos da Alameda de 10 a 13 horas.
Os interesados e interesadas en participar poderán obter máis información a través da páxina web www.formación.cruzvermella.org. Para matricularse tamén poden facelo a través desta páxina ou ben na oficina situada nos baixos da Alameda de luns a venres de 10 a 14.30 horas e os mércores e venres de 16 a 18.30 horas. Tamén dispoñen do correo electrónico cruzrojaordes@cruzroja.es ou dos teléfonos 981216497 e 670261201. O prezo desta actividade formativa é de 20 €, habendo descontos especiais para estudantes, desempregados, socios e voluntarios.











