publicidade hoxe

Covelo fai un chamamento aos veciños para que participen na elaboración dos presupostos municipais do ano 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCovelo
A-
A+

A través do Portal de Transparencia e Participación veciñal –onde pode atoparse toda a información relevante da actividade económica e administrativa de interese para os veciños, tales como orzamentos anuais, plans de obras e investimentos, axudas e subvencións ou remuneración de cargos públicos- ábrense á participación todas as materias de relevancia para o ben común nas que se atopa involucrada a administración e os veciños.

Así, no Portal de Participación Veciñal ofrécese a opción de que a cidadanía coas súas achegas, suxestións ou alegacións, definan o sentido da inversión e os principais proxectos de mellora ou acondicionamento de espazos públicos, prazas ou contornas singulares sobre os que se pretenda actuar.

Con estas actuacións preténdese dar a coñecer de forma clara e comprensible toda a información derivada da administración local e fomentar a transparencia e participación veciñal nos procesos de decisión sobre calquera aspecto de interese xeral no que teña competencia o Concello.   

Chámase agora a veciños, asociacións e outros colectivos, á participación na elaboración dos orzamentos do ano 2016, para definir as principais necesidades do Concello e das súas parroquias. Para este fin, poderanse consultar os presupostos actuais e facer as aportacións que se desexen mediante este portal de Transparencia e Participación ou persoalmente na Alcaldía ou Concelleiros da Area correspondente.

12 de novembro de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.