Convócase un curso de lanoterapia na Casa da Cultura e nos locais sociais de Lousame
AConcellería de Cultura do Concello de Lousame e”A tecedora de Lousame” organizan un curso de lanoterapia, que terá lugar na Casa da Cultura “Santeiros de Chave” e nos locais sociais das parroquias (sempre que se reúna grupo mínimo). Entre os beneficios da lanoterapia figuran axudar a eliminar o estrés, estimular o maxín e a creatividade, mellorar a motricidade e a autoestima, fornecer os lazos sociais…
O curso de lanoterapia ofrecerá dous niveis de aprendizaxe (iniciación e coñecedoras) e o prezo será de 15 euros (grupo máximo de 10 persoas). Máis información e inscricións no teléfono 647 282 763.











