publicidade hoxe

Convócase o XVII concurso de postais de Nadal no Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O concurso está dirixido ao alumnado de infantil e primaria da localidade e ten como temática fundamental o Nadal sendo a técnica totalmente libre. A presentación dos traballos poderá realizarse ata o 9 de decembro tanto nos centros educativos como na Biblioteca Municipal do Grove, en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas. Os traballos deberán ser presentados nun folio DIN A4 e, a ser posible, totalmente debuxados. As obras deberán levar na parte posterior do folio o nome e apelidos do participante así como número de teléfono e o centro educativo ao que se está adscrito.

O premio para o debuxo gañador será un lote de libros, material escolar e a súa publicación en forma de postal do Nadal dixital, que utilizará o Concello do Grove para realizar as felicitacións oficiais do Nadal. Todos os debuxos participantes serán expostos na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey a partir do venres 18 de decembro. O ditame do xurado darase a coñecer o mércores 16 e a entrega de premios será o venres 18 dese mesmo mes, antes dun espectáculo familiar de Nadal, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. 

19 de novembro de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.