Conde destaca o compromiso da Xunta co emprendemento lucense a través das aceleradoras Agrobiotech e Vía Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoLugo
A-
A+

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde resaltou hoxe nun encontro cos xoves empresarios de Lugo o compromiso da Xunta de “impulsar o emprendemento, impulsar a innovación, e impulsar a renovación do tecido industrial, e nese sentido a provincia de Lugo está tendo un protagonismo moi importante con iniciativas moi concretas” como as aceleradoras Agrobiotech, que suma 11 proxectos de eidos como a biomasa, a biotecnoloxía e o agroalimentario; e Vía Lugo, na que traballarán na fase de academia 20 iniciativas empresariais.

Un compromiso que se reforza, como sinalou Conde na súa recente presentación das contas da consellería, cos 40 millóns de euros reservados para o emprendemento en Galicia para 2016.

Conde participou nun almorzo de traballo con membros de AJE Lugo, co obxectivo de “avaliar conxuntamente os retos que nos unen” para crear emprego e riqueza en Galicia. Neste senso, apuntou que na “aposta polo talento, o emprendemento a innovación e a industrialización os mozos teñen moito que dicir”, polo que o papel de AJE se configura como clave de cara ao futuro económico da provincia.

Precisamente, Conde subliñou o respaldo do Executivo galego á provincia lucense, un respaldo canalizado nos orzamentos de 2016 de forma prioritaria en varios dos seus sectores estratéxicos: consignando cartos para o proxecto do polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados configurado en torno a Rozas, ao que se destinan 55 millóns de euros; e mediante os 10 millóns que se reservan para activar unha estratexia pioneira de apoio ao sector biotecnolóxico, “que se configura como un dos elementos claves do tecido industrial galego”. Apostas que se suman, nas contas de 2016, ao apoio ao lácteo galego, que recibirá para o seu impulso industrial 40 millóns de euros.

4 de novembro de 2015 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.