Concertos didácticos de jazz e sesións de xadrez en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, avanzou este mércores a celebración de concertos didácticas de jazz, dirixidas aos escolares de secundaria, que organiza o Concello do 16 ao 18 de novembro no Círculo das Artes, en resposta ás peticións nos Orzamentos Participativos. “Coa organización destas actividades seguimos a dar resposta ás demandas que nos fixeron os veciños e veciñas nos Orzamentos Participativos”, subliñou Piñeiro. Deste xeito, o Concello continúa a executar os 59 proxectos solicitados polos lucenses, que contan cunha dotación económIca de 500.000 euros.

Piñeiro subliñou a importancia deste tipo de actividades “que facilitan aos máis cativos, de maneira máis amena e ilustrativa, a comprensión do jazz como lenguaxe”.

Programa Pre-xadrez

O Concello tamén organiza sesións de xadrez nas aulas no horario lectivo dos centros de educación infantil e primaria durante os meses de novembro e decembro. Con estas sesións, cunha duración de 40 ou 50 minutos, a entidade local persegue divulgar os movementos e reglas básicas do xadrez, “unha práctica que reporta melloras nas capacidades cognitivas dos asiduos a este deporte que estimula a mente”, tal e como o definiu Piñeiro.

Os centros interesados nestas actividades deberán enviar a ficha de inscrición, que se pode descargar da páxina web do Concello www.lugo.gal ao servizo de educación da área de Concello e Cidadanía. 

11 de novembro de 2015 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.