publicidade hoxe

Comezan os cursos formativos en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O pasado luns  16 de novembro comezou na Cociña do Parque Público A Canuda, en horario de mañá, o Curso de especialización en elaboración de pinchos e tapas, no que se pretende ampliar os coñecementos de cociña dos asistentes, facendo fincapé na elaboración de pinchos e tapas.

As 16 persoas que participan neste curso elaborarán tanto tapas e pinchos de cociña moderna como tradicional, quentes e frías. Cinco sesións de tres horas de duración, onde a imaxinación culinaria compartirá presenza coa tradición da nosa cociña.

A finais de semana, comeza tamén o Curso de elaboración de Queixo Artesán, onde se ensinará ao largo das 3 sesións, cun total de 12 horas, a elaboración de queixo de forma particular. Empezarase facendo unha introdución á fabricación dos queixos, útiles a empregar, materia prima, aditivos, procesos de deslactosado, prensado, moldeado e maduración. Ademais de elaborar tres tipos de queixo: Queixos cremosos, queixos un pouco máis duros e queixos frescos. 

Unha vez remate este curso, comezará o Curso de Repostería Galega, cinco sesións de 4 horas de duración onde se ampliara os coñecementos de repostería aos 16 participantes. Este curso conta cunha parte teórica onde se dará unha explicación dos produtos máis empregados na repostería galega, como a fariña, ovos, azucre, augardente e outros. Na parte práctica realizaranse diversos postres, tanto quentes como fríos, como son filloas, bizcochos, tarta de Santiago, compota de froita de tempada, orellas de Entroido, natillas, cañas recheas, arroz con leite, buñuelos, pastas de té, galletas de sabores e demais.

18 de novembro de 2015 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.