Comeza unha nova edición do Programa de Saúde Integral Sí! da Fundación SHE

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Continuando cos obxectivos que pretende o Concello de Ourense, a través da Concellería de Educación, de achegar á sociedade medidas que faciliten a calidade de vida dos ourensáns, mañá comeza unha nova edición do Programa de Saúde Integral Sí!, da Fundación SHE, dirixido ao profesorado da cidade.

Así, mañá ás 18.00 horas, na sala Magdalena da Confederación de Empresarios de Ourense, dará comezo o IV curso de formación do Programa de Saúde Integral SÍ! da Fundación SHE, dirixido ó profesorado dos 15 centros escolares participantes.Trátase dunha iniciativa do prestixioso cardiólogo, o doutor Valentín Fuster, cuxo obxectivo é promover a saúde mediante a comunicación e a educación á poboación infantil e que se impartirá mañá de 2015 e o vindeiro 20 de abril de 2016.

Os centros que participan no programa de Saúde Integral son os seguintes:

CEIP Albino Núñez, CEIP Irmáns Villar, CEIP Prácticas, CEIP Amadeo Barroso, CEIP Mestre Vide, CEIP Curros Enríquez, CEIP Manuel Luís Acuña, CPR Padre Feijoo, CPR Maristas, CPR A Purísima, CPR Divino Maestro CPR San José, CPR Franciscanas, CPR Concepción Arenal e Colexio Miraflores.

17 de novembro de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.