publicidade hoxe

Comeza unha campaña de sensiblización e concienciación entre os veciños do Carballiño para o bo uso dos contenedores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A concellería de Medio Ambiente en colaboración con Cruz Vermella do Carballiño poñen  esta semana  en marcha una campaña informativa e de  concienciación, para incentivar o reciclaxe, o bo uso de contedores, papeleiras e a  limpeza viaria.

Esta campaña pretende mellorar  o coñecemento sobre reciclaxe,  sobre todo no que concierne ao contedor amárelo, donde se detecta elevado número de impropios que irremediablemente acaban na fracción resto. Así como dar a coñecer as normas e horarios  de uso de contedores, do punto limpo, da xestión de voluminosos e demais servizos  cos que contan os veciños en materia de residuos  e informar  sobre as boas practicas civicas para que todos poidamos disfrutar dun pobo limpo con boa imaxe.

As  actividades, iniciarane  cunha charla nos colexios  Vila do Arenteiro, Calvo Sotelo  e Chamoso Lamas os días 4 e 5  xa que o primeiro paso sempre é a educación e a concienciación dos máis novos. A campaña extenderase durante todo o més  ata o comenzo do Nadal, aos distintos sectores e aos diferentes lugares do noso concello.

Esta campaña pretende  impulsar  a acción individual dos veciños  como motor  esencial para o mantemento de limpeza do noso pobo.

3 de novembro de 2015 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.