Cinema en Familia presentan o filme “Maléfica”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Este sábado 14 de novembro, nunha nova sesión de “Cinema en Familia” organizado polo Concello da Guarda, se proxecta a película “Maléfica” no Centro Cultural.

A historia que se conta nesta película é a mesma que en “La bella durmiente” pero cun importante cambio: a perspectiva dende onde se narran os acontecementos. Esta vez a historia se ve dende o punto de vista da perversa villana Maléfica. O seu corazón non foi sempre tan duro senón que houbo acontecementos que a levaron a crer que a maldición sobre Aurora era a mellor opción. 

A entrada para a película, que comezará ás 17,30 horas, é de balde. Neste caso non fai falla recoller tícket con antelación. 

O filme está recomendado para nenos e nenas maiores de 7 anos.

11 de novembro de 2015 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.