Chega unha nova edición de Invasión Celeste, a carreira popular da Fundación Celta
O 8 de decembro terá lugar a segunda edición da carreira popular “Invasión Celeste”. Tras o enorme éxito cultivado o pasado ano, cando máis de 1000 participantes de todas as idades déronse cita no estadio de Balaídos, a Fundación Celta de Vigo prepara esta nova edición infestada de interesantes novidades e actividades para todos os públicos co obxectivo de facer da carreira un evento lúdico, de promoción de hábitos saudables e cheo de celtismo.
A carreira dividirase en diferentes categorías. Haberá unha distancia de 6km para os adultos con saída e meta no estadio de Balaídos, unha distancia de 1km para os mozos de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos e para os máis pequenos de 2 a 5 anos prepárase unha carreira no interior do estadio. Todo iso acompañado de animación musical, actividades, talleres no interior de Balaídos…
Para participar na “Invasión Celeste” deberá realizarse a inscrición na páxina web de championchipnorte até o día 6 de decembro. Este ano ademais os dorsais entregaranse na tenda de Piñeiro Sport, situada na rúa López Moura de Vigo en horario comercial.
A Fundación Celta de Vigo continúa traballando para formentar o deporte e o celtismo na sociedade e anima a todos os afeccionados a participar neste ilusionante evento.











