Chega o derbi máis galego do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Este sábado chega unha desas datas especiais que os afeccionados galegos do fútbol sala teñen marcado no calendario. Un deses partidos que, por historia e tradición, fan vibrar aos espectadores dende o pitido inicial e até que o luminoso chega ao 0. O ‘derbi galego’ da Primeira División de fútbol sala.

Pero o Santiago Futsal vivirá os ‘derbis’ máis galego das últimas tempadas e é que un total de oito xogadores da primeira plantilla son de orixe galego. Se o curso pasado eran sete xogadores galegos os que vestían a camisola, naquel tempo branca do Santiago Futsal, agora o número aumenta con dous xogadores máis: os lucenses Hugo Sánchez, Antonio Diz e Álex Diz; o arzuán Diego Quintela; o coruñés Iván Rumbo; e Santi, David Palmas e Pablo Tallón, nados en Santiago de Compostela.

Pero o número de integrantes galegos no primeiro plantel do Santiago Futsal aumenta aínda máis se a eles se suman os canteiráns Quique, nado en Vigo;  Ismael Vázquez, natural de Vilalba e Ricardo Arcay, canteirán celeste nado en Betanzos.

Se ben é certo que Pablo Tallón e David Palmas son baixas seguras do Santiago Futsal para o encontro do sábado debido ás súas lesións, a representación galega nas filas do conxunto santiagués será igualmente ampla, puidendo chegar aos nove galegos na convocatoria celeste.

Os capitáns do equipo santiagués , Diego Quintela e Hugo Sánchez, ambolos dous galegos e con ampla bagaxe en duelos irmandiños, falaron do encontro deste sábado. O pívot de Arzúa afirmou que “Sempre gusta xogar os derbis, ademais Vista Alegre é unha pista na que o pavillón sempre está cheo. Nós imos alí coa intención de xogar ben, demostrar que estamos traballando a bo ritmo e acadar unha vitoria que é moi importante para o grupo.”

Pola súa banda, Hugo Sánchez, quen tamén xogou un ano no Burela FS dixo que “Os encontros Santiago Futsal- Burela FS sempre son especiais. Gardo moi bos recordos da miña etapa en Burela, do trato que me deron e da súa xente. Este partido para nós non é fundamental, nin transcendente, pero é un derbi, queremos gáñalo e sabemos que cada equipo parte con 50% de posibilidades”.

10 de novembro de 2015 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.